ROTONDA DO SEIXO

Pilar Díaz Otero, como portavoz do G.M. de E.U.-I.U. presenta ó Concello Pleno para o seu debate e aprobación si procede a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Dende faí varios anos moito se debateu e moito se xestionou para que o Seixo contase cun espacio suficiente para que os camións poideran dar a volta ó chegar ó peirao e non ter que recorrer o vial marcha atrás.
Nos orzamentos municipais se incorporaron partidas para colaborar no coste económico que trae consigo a realización da obra necesaria, pero aínda así e todo a realidade e que todo segue igual.
A incompresión da administración frente a esta situación nos levou a que a partida desaparecese do orzamento, e nos atrevemos a decir que a xestión política tamén caeu no desánimo e dende faí algún tempo esta é nula.
Nós entendemos que é hora de retomar ou iniciar as negociacións, aínda que no orzamento non haxa partida comprometida para esta obra por si fora necesario, dado que a chegada do verán incrementa a gravidade do problema.

Polo tanto, o Concello pleno

ACORDA:
1.- Retomar a iniciativa coa administración competente para dar unha solución ó problema.
2.- Que se cree unha comisión específica, sin remuneración económica para as/os concelleiras/os, para impulsar a iniciativa,facer un seguimento e valorar en cada momento as iniciativas oportunas a tomar.

Mugardos, 11 de xuño de 2009

Portavoz do G.M. de E.U.-I.U.

Asdo. Pilar Díaz Otero

ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MUGARDOS.

EJEMPLO DE IZQUIERDA UNIDA.

Dª Pilar Díaz Otero, como portavoz do G.M. de E.U.-I.U. no Concello de Mugardos ó amparo do regulamento vixente presenta ó Concello Pleno a seguinte moción para a súa aprobación se procede:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

No debate plenario correspóndente ós orzamentos, dende o noso grupo municipal manifestábamos que dende a corporación municipal se debía dar un exemplo de austeridade en canto ás indemnizacións aprobadas por asistencia a comisión informativas, mesas de contratacións, plenos, xuntas de voceiros, xuntas de goberno, en definitiva, en tódalas comisión informativas, mesas de contratación e órganos de decisión colexiados do Concello.
Dende o noso grupo xa realizaramos previamente a este debate unha proposta para disminuir a indemnización que percibe cada concelleira/o por asistencia a comisión para incrementar a partida de emerxencia social.Dado que posteriormente tódolos grupos municipais apoiamos un incremento da partida de emerxencia social e si fóra necesario unha modificación de crédito para dar cobertura a tódalas demandas plantexadas dentro do regulamento aprobado por unanimidade da comisión de benestar social, igualdade e sanidade e polo que desistimos de seguir facendo a proposta no mesmo senso, proposta que por certo nunca chegou a debatirse na comisión de facenda.
Agora dende o noso punto de vista, o exemplo de austeridade debe seguir permanecendo aínda que cambiando o obxectivo final do aforro acumulado, de ser aprobada a moción.Este obxectivo pola nosa parte é adicar todo o aforro acumulado a contratacións temporais no ámbito da promoción turística de Mugardos, e polo tanto, servir ó desenrolo da economía local e contribuir a rebaixar o número de paradas/os en Mugardos, dado que o número de persoas formadas en turismo nos últimos anos a través dos cursos F.I.P. foi importante.
Non deberíamos esquencer que o maior número de paradas/os no Concello de Mugardos esta no sector servicios e que o comercio e a hostalería local son un dos pilares do desenrolo da nosa economía local e da xeneración de emprego.Polo tanto, esta medida serviría para rebaixar temporalmente o número de paradas/os, activar a economía local e impulsar a política turística do noso concello e a súa promoción no exterior.
Por todo o cal, o concello pleno

ACORDA:
1.- Trasladar á comisión de Facenda e Patrimonio, non máis tarde de 15 días, a ditamen da mesma a posibilidade de rebaixar cando menos un 15% as indemnizacións que perciben as/os concelleiras/os por asistencia a órganos colexiados do Concello (comisións informativas, mesas de contratacións, pleno, xunta de goberno, xunta de voceiros,etc).
2.-Trasladar á comisión de promoción económica, formación, emprego e turismo para o seu debate que o aforro acumulado se invirta en contratacións temporais no ámbito da promoción turísitca de Mugardos, como por exemplo: na contratación de guías de ruta ou dun/dunha axente de desenrolo turísitico para reforzar a economía local, a disminución do paro e a promoción turística de Mugardos.

Mugardos, 19 de xuño de 2009
Portavoz do G.M. de E.U.-I.U.

Asdo. Pilar Díaz Otero

MODIFICACIÓN DO LIMIAR DERENDA DO BONO SOCIAL TELEFÓNICO

MODI (Orde PRE/1231/2009, de 18 de maio. BOE nº122 do mércores 22 de maio de 2009)
Amplíase o limiar de renda familiar para ter dereito ao abonos social de Telefónica para pensionistas e persoas xubiladas, pasando a ser do 110% do IPREM (579,76€/mes).
A modificación permite incluír no colectivo con dereito a acceder ao abono social aos seguintes perceptores de pensións mínimas: persoas xubiladas maiores de 65 anos sen cónxuxe a cargo, persoas beneficiarias dunha pensión por incapacidade permanente absoluta ou total sen cónxuxe a cargo, pensionistas de viuvez maiores de 65 anos ou con unha discapacidade superior ao 65%.
Concepto:
Descontos do 70% na instalación da liña telefónica (alta inicial) e do 95% no abono mensual (mantemento) sempre que cumpran os requisitos económicos esixidos.
Requisitos:
· Que o solicitante sexa o titular do teléfono
· Ingresos anuais da unidade familiar non superiores ao 110% do IPREM (na contía en referencia co SMI, sen excluír as pagas extraordinarias)
· Que se trate do domicilio habitual da persoa solicitante.
Solicitude:
Para solicitalo débese chamar ao nº de atención ao cliente (1004). Telefónica enviará ao domicilio o modelo de solicitude coa información necesaria. A persoa solicitante deberá remitir a seguinte documentación ao enderezo que se lle indique na carta informativa.
· Solicitude.
· DNI-NIF ou pasaporte do solicitante e demais membros da unidade familiar.
· Xustificante de convivencia do Padrón Municipal
· Xustificante de ingresos da unidade familiar, ou xustificante de ausencia destes


TRANSPARENCIA EN LA CONTRATACION DE PERSONAL DE LIMPIEZA

Unha vez aprobada a moción por unanimidade no pleno sobre a transparencia para as contratación de persoal de limpeza de praias, plans de cooperación e outros vinculados a subvencións, e dado que xa se realizou unha comisión de obras,servicios,persoal, medioambiente e parques sin que o presidente aportara ningunha proposta de bases, nin aclarara na súa resposta á nosa pregunta o que ten pensado facer sobre o cumplimento, non obligatorio por lei,da moción propoñemos o seguinte:
Que na vindeira comisión ordinaria de obras,servicios, persoal, medioambiente e parques se inclúa como punto da orde do día para que se informen favorablemente as bases dado que hai contratacións que empezan a ser urxentes,como as de limpeza de praias.
Dende aquí xa adiantamos, por si se foran a ter en consideración algúns criterios que nós entenderíamos como positivos para a elaboración de ditas bases:
1.- Que antes de realizarse as contratacións se elaboren unha bases para a selección de persoal.
2.- Que estas bases sexan elaboradas e informadas favorablemente na comisión de obras,servicios, persoal, medioambiente e parques.
3.- Nas prazas que non requiren de cualificación profesional,dado o momento de crise económica e do número de paradas/os que hai en Mugardos, se prime a situación económica da unidade familiar.
4.- Nas prazas que requiren cualificación profesional, a igual cualificación, se prime a situación económica da unidade familiar.
5.- Que en situación económica similar se prime ás/ós paradas/os con cargas familiares
6.-Que se prime as /os parados/as maiores de 30 anos.
6.- Que a cobertura das prazas na medida en que o permita a convocatoria de subvención incorporen un 50% de mulleres e un 50% de homes.

Mugardos, 12 de xuño de 2009
Portavoz do G.M. de E.U.-I.U.

Asdo. Pilar Díaz Otero



ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MUGARDOS.

BONO SOCIAL ELECTRICO.


O Real Decreto-Lei 6/2009, do 30 de Abril, polo que se adoptan determinadas medidas no sector enerxético e se aproba o bono social, publicouse no BOE do pasado 7 de maio. Neste Real Decreto-Lei, adóptanse diversas medidas para os efectos de eliminar o déficit de tarifa, é dicir, a diferencia entre as tarifas reguladas e os prezos da enerxía eléctrica, sen por iso deixar de protexer ao consumidor máis vulnerable e garantir a sustentabilidade do sistema eléctrico.
A inminente entrada en vigor do novo sistema de subministración e novas tarifas, require a posta en marcha dun bono social para protexer aos consumidores con menos recursos.
O financiamento do bono social será compartido polas empresas titulares de instalacións de xeración do sistema eléctrico, regulándose de forma transitoria o mecanismo de financiamento de déficit e do bono social a partir da posta en marcha da tarifa de último recurso prevista para o próximo 1 de xullo de 2009.
En consecuencia, créase o bono social para determinados consumidores de electricidade acollidos á tarifa de último recurso, que sexan persoas físicas residentes na súa vivenda habitual, configurándose como unha protección adicional do dereito á subministración de electricidade.
O bono social cubrirá a diferencia entre a tarifa de último recurso e a tarifa reducida, aplicable ao consumidor doméstico.
A partir do 1 de xullo de 2009, terán dereito ao bono social as subministracións dos consumidores, que sendo persoas físicas, teñan unha potencia contratada inferior a 3 KW na súa vivenda habitual.
Tamén terán dereito os consumidores con 60 ou máis anos de idade que acrediten ser pensionistas do Sistema da Seguridade Social por xubilación, incapacidade permanente e viuvez e que perciban as contías mínimas vixentes en cada momento para as devanditas clases de pensións con respecto aos titulares con cónxuxe a cargo ou aos titulares sen cónxuxe que viven nunha unidade económica unipersoal, así como os beneficiarios do extinguido Seguro Obrigatorio de Vellez e Invalidez (SOVI) e de pensións non contributivas de xubilación e invalidez maiores de 60 anos.
Así mesmo terán dereito os consumidores que acrediten ser familias numerosas e os que formen parte dunha unidade familiar que teña a todos os seus membros en situación de desemprego.

IMPLANTANCION DE UN PROGRAMA DE CANGURO A DOMICILIO.

ImplantacióSegundo se desprende da acta da reunión da comisión de baremación, coordinación e seguimento da EIM do Concello de Mugardos realizada o día 8 de xuño de 2009, na que se procede á aprobación da relación provisional de alumnado admitido e excluido na E.I.M. As Lagoas para o curso 2009/2010 e que posteriormente é ratificada na Comisión Informativa de Benestar Social, Igualdade e Sanidade celebrada o día 12 de xuño, para o turno de mañá hai unha lista de espera de 10 persoas de Mugardos na Unidade de 1 a 2.
O III Plan de Igualdade de Oportunidades, aprobado polo concello Pleno no ano 2008, establece dentro dos seus obxectivos favorecer a formación e a inserción laboral das mulleres mugardesas.
Dentro do ámbito da formación, mulleres de Mugardos participaron nos cursos de coidadora de gardería, impartido a través do Fondo Social Europeo e no de Atención á Infancia, impartido a través da Deputación, formándose un total de 12 mulleres entre ambolos cursos.
Os datos de mulleres desempregadas en Mugardos, sigue a ser máis alto ca dos homes, non mellorandose esta dato a través das contratacións realizadas nas obras do Fondo de Inversión Estatal, todas no ámbito da construcción.
Polo tanto, dende o noso grupo municipal propoñemos que á maior celeridade posible se realice un estudo do coste económico que suporía implantar para as persoas de Mugardos que non obtiveron praza na E.I.M. As Lagoas, un servicio de canguros a domicilio,e trasladalo a unha comisión de benestar social, igualdade e sanidade para desta forma seguir apostando pola formación das mulleres e a súa inserción laboral, aspectos estos que non serían viables de manterse a situación actual para esas 10 familias que quedaron en lista de espera. Esta proposta de ser aceptada redundaría de igual forma na creación de emprego e polo tanto a disminuir o número de peroas en paro, especialmente mulleres.
Os criterios para poder beneficiarias deste servicio, no caso de aprobarse no Concello, deberían de ser ó noso entender,abertos como sempre a outras ideas que os melloren, os seguintes: o horario do servicio sería adaptado ó horario laboral e ós cursos de formación, quedando sempre aberta a posibilidade para que a Comisión de Benestar Social, Igualdade e Sanidade poidera ter en conta outras circunstancias especiais que recomendarán disfrutar deste servicio, sempre coa fórmula de copago ó igual que se faí na E.I.M. As Lagoas.
Mugardos, 19 de xuño de 2009
Portavoz do G.M. de E.U.-I.U.

Asdo. Pilar Díaz Otero

ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MUGARDOS.

miércoles, 17 de junio de 2009

ROTONDA DO SEIXO

Pilar Díaz Otero, como portavoz do G.M. de E.U.-I.U. presenta ó Concello Pleno para o seu debate e aprobación si procede a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Dende faí varios anos moito se debateu e moito se xestionou para que o Seixo contase cun espacio suficiente para que os camións poideran dar a volta ó chegar ó peirao e non ter que recorrer o vial marcha atrás.
Nos orzamentos municipais se incorporaron partidas para colaborar no coste económico que trae consigo a realización da obra necesaria, pero aínda así e todo a realidade e que todo segue igual.
A incompresión da administración frente a esta situación nos levou a que a partida desaparecese do orzamento, e nos atrevemos a decir que a xestión política tamén caeu no desánimo e dende faí algún tempo esta é nula.
Nós entendemos que é hora de retomar ou iniciar as negociacións, aínda que no orzamento non haxa partida comprometida para esta obra por si fora necesario, dado que a chegada do verán incrementa a gravidade do problema.

Polo tanto, o Concello pleno

ACORDA:
1.- Retomar a iniciativa coa administración competente para dar unha solución ó problema.
2.- Que se cree unha comisión específica, sin remuneración económica para as/os concelleiras/os, para impulsar a iniciativa,facer un seguimento e valorar en cada momento as iniciativas oportunas a tomar.

Mugardos, 11 de xuño de 2009

Portavoz do G.M. de E.U.-I.U.

Asdo. Pilar Díaz Otero

ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MUGARDOS.

SOLICITUD DE LAS BASES PARA LA CONTRATACION DE PERSONAL

Unha vez aprobada a moción por unanimidade no pleno sobre a transparencia para as contratación de persoal de limpeza de praias, plans de cooperación e outros vinculados a subvencións, e dado que xa se realizou unha comisión de obras,servicios,persoal, medioambiente e parques sin que o presidente aportara ningunha proposta de bases, nin aclarara na súa resposta á nosa pregunta o que ten pensado facer sobre o cumplimento, non obligatorio por lei,da moción propoñemos o seguinte:
Que na vindeira comisión ordinaria de obras,servicios, persoal, medioambiente e parques se inclúa como punto da orde do día para que se informen favorablemente as bases dado que hai contratacións que empezan a ser urxentes,como as de limpeza de praias.
Dende aquí xa adiantamos, por si se foran a ter en consideración algúns criterios que nós entenderíamos como positivos para a elaboración de ditas bases:
1.- Que antes de realizarse as contratacións se elaboren unha bases para a selección de persoal.
2.- Que estas bases sexan elaboradas e informadas favorablemente na comisión de obras,servicios, persoal, medioambiente e parques.
3.- Nas prazas que non requiren de cualificación profesional,dado o momento de crise económica e do número de paradas/os que hai en Mugardos, se prime a situación económica da unidade familiar.
4.- Nas prazas que requiren cualificación profesional, a igual cualificación, se prime a situación económica da unidade familiar.
5.- Que en situación económica similar se prime ás/ós paradas/os con cargas familiares
6.-Que se prime as /os parados/as maiores de 30 anos.
6.- Que a cobertura das prazas na medida en que o permita a convocatoria de subvención incorporen un 50% de mulleres e un 50% de homes.

Mugardos, 12 de xuño de 2009
Portavoz do G.M. de E.U.-I.U.

Asdo. Pilar Díaz Otero



ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MUGARDOS.

SEGURIDAD VIAL EN FIEITEIRAS

Asunto: Seguridade vial en Fieiteiras.

Nos orzamentos do ano 2008 exístia unha partida para beirarrúas e case tódolos grupos municipais estábamos dacordo en debatir a necesidade de dotar de seguridade vial a Fieiteiras sobre todo a raíz da reclamación realizada pola AA.VV. “Cruceiro de Mehá”.
Este asunto foi novamente debatido durante a aprobación das obras a incluir no Fondo Estatal de Inversión, quedando descartada porque se corría o risco de non rematar a obra no tempo permitido e polo tanto perder a inversión, dado que as cesións de terreo non estaban realizadas para dar cumplimento ás características do vial que marca o P.X.O.M.
Faí uns días voltou a ser debatido a raíz dunha nova reclamación ós orzamentos da AA.VV. “Cruceiro de Mehá”, e creo que todolos grupos municipais estábamos dacordo na necesidade da obra e de emprender o camiño para que se poidera traballar na dotación de seguridade vial a esa rúa por ser unha das máis transitadas que aínda non ten beirarrúas dentro dos viaís de titularidade municipal.
As fórmulas para empezar a negociación foron expresadas por case tódolos grupos, con diferencias e matices para ser exactos, dende a negociación para a cesión por parte dos/as veciños/as de Fieiteiras ata a fórmula da expropiación por interese xeral si as negociacións para as cesións non daban bo resultado.
Agora que esta o orzamento do ano 2009 vixente, dende o noso grupo entendemos que é o momento de abordar na comisión de obras,servicios, persoal, medioambiente e parques o necesario debate para dar os primeiros pasos que permitan dotar de seguridade vial a Fieiteiras, polo tanto propoñemos que na vindeira comisión ordinaria de obras,servicios,persoal, medioambiente e parques, que correspondería celebrar o día 18 de xuño, se inclúa como punto da orde do día.

Mugardos, 11 de xuño de 2009
Portavoz do G.M. de E.U.-I.U.

Asdo. Pilar Díaz Otero


ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MUGARDOS.

ACCESO PUBLICO CAMPO MUNICIPAL DE HIERBA ARTIFICIAL

Asunto: Acceso público ó campo municipal de herba artificial

O Concello pleno aprobou unha moción presentada no ano 2008 polos grupos municipais de E.U.-I.U.,P.S.deG.-P.S.O.E. e P.P., na que se solicitaba estudar varias cuestión referentes ó campo municipal de herba artificial, entre eles o concerniente ós accesos ó mesmo.
En varias ocasións se plantexou novamente esta cuestión por parte de E.U.-I.U. na comisión de urbanismo e industria, a última vez na comisión celebrada o día 20 de maio.
O resultado, sigue sendo o mesmo a cuestión a debatir non apareceu reflexada en ningún punto da orde do día da comisión de urbanismo do día 3 de xuño, ante esto o grupo municipal de E.U.-I.U. solicita que se traía como punto a debatir á vindeira comisión ordinaria de urbanismo e industria, fixada para o día 20 de xuño co obxecto de saber a vontade política dos grupos municipais para abordar esta cuestión.
A nosa vontade, xa o manifestamos dende xa é toda, e por eso adiantamos que a proposta que transmitiremos á comisión de urbanismo é que se convoque ós colindantes e propietarios que poidan estar afectados pola construcción do vial de acceso para que manifesten a súa vontade. De igual forma, solicitamos que aparezan os datos urbanísticos suficientes para saber como está a situación co vixente plan xeral de ordenación municipal e cales serían as posibles solucións técnicas, así como todalas referencias catastrais e as que fosen oportunas para saber da existencia ou non dun camiño público ou de serventía de acceso á finca que na actualidade é propiedade do Concello.

Mugardos, 10 de xuño de 2009

Portavoz do G.M. de E.U.-I.U.

Asdo. Pilar Díaz Otero